Primeira viaxe do "Tren Turístico da Ruta Ribeira Sacra" 2016.-

Compartir
O "Tren Turístico da Ruta Ribeira Sacra" realizará a primeira viaxe da tempada 2016 na que participarán o presidente do Inorde, Rosendo Fernández; o xerente do Inorde José Manuel Rodríguez; a diretora de Turismo de Galicia da Xunta, Nava Castro; e directivos de Renfe. Declaracións aos medios: previamente á saída, no andén da Estación Ourense Empalme. Os xornalistas e gráficos que o desexen poderán realizar a viaxe desde a Estación Ourense Empalme ata Canaval, onde está prevista a chegada ás 10.30 horas. Na parada haberá un autobús que traslade de volta aos representantes dos medios ata a Estación Ourense Empalme.