.- A parella artística "Rojo Sache" formada por Rosa Isabel Vázquez e José Antonio Fernández, visitarán mañá xoves, 4 de xaneiro, a súa mostra DAI, enmarcada na 35ª edición do Outono Fotográfico, no Centro Cultural "Marcos Valcárcel". No acto tamén participarán o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; e o director do Outono Fotográfico, Xosé Lois Vázquez.