Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" terá lugar mañá xoves, 14 de xuño, a presentación dos Roteiros Culturais do Concello de Boborás 2018. O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; da concelleira de Cultura e Turismo de Boborás, Patricia Torres; e do coordinador da actividade, Jorge Lamas.