- A segunda xornada do congreso internacional "Ourense Rural Summit" analizará, a partir das 9.30 horas, o tema "Seguridade alimentaria, pobreza alimentaria e política alimentaria: implicacións para as comunidades rurais no contexto europeo". Ás 10.00 horas será a quenda para as conversas simultáneas cos seguintes temas: "Perfiles da ruralidade contemporánea: mais alá da idealización e os tópicos do despoboamento", "Estado de xogo da reforma do PAC 2021-2027: situación actual dentro das institucións europeas", "Unha asociación por e para O Courel" e "Proxectos Smart Villages e ecosistemas de innovación rural". Ás 11.15 horas terá lugar unha actividade de inmersión local ao aire libre e, pola tarde, ás 17.00 horas participarán Aceites Abril cunha cata de aceites monovarietais, Anna Champeney Textile Studio, Inés Rir Téxtiles Estudo e Sovoral Apicultura Orgánica.