O vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández, visita o centro IES O Ribeiro (Ribadavia) no marco da Semana Escolar das Letras Galegas organizada pola Deputación de Ourense. Unhas xornadas adicadas este ano a Florencio Delgado Gurriarán a través do libro sobre o autor valdeorrés escrito por Xosé A. Perozo, que acompañará a César Fernández nesta visita.