- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; o presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, Francisco Marín; e o alcalde de Bande, José Antonio Armada, asinarán un convenio de colaboración para a execución do "Proxecto de acondicionamento de cauce e marxes do río Badella ao seu paso polo núcleo urbano de Bande (Ourense), II Fase". O acto terá lugar na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel".