.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, asinará mañá xoves, 2 de marzo, un convenio de colaboración co alcalde do Concello de Leiro, Francisco J. Fernández e co presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, Francisco Marín, para a construcción dun tramo de senda fluvial na marxe dereita do río Avia en Leiro. O acto terá lugar no Salón de Plenos do Concello de Leiro.