- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, asinará mañá mércores, 1 de marzo, un convenio de colaboración co presidente da Asociación empresarial galega de centros especiais de emprego sen ánimo de lucro (Cegasal), José Antonio Vázquez, para a promoción de emprego de persoas con discapacidade. O acto terá lugar na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación de Ourense.