O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, asinará senllos convenios de apoio á natalidade na provincia de Ourense co director territorial de ABANCA en Ourense, Rubén Saavedra, e co presidente do Colexio Oficial de Farmacéuticos de Ourense, Vicente Jairo Álvarez Fernández. O acto terá lugar na Sala de Prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación de Ourense.