O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o director da Fundación "Democracia e Goberno Local", Ramón Camp, inauguran a VI Xornada sobre as deputacións do futuro, que nesta edición tratará o tema "Transparencia e protección de datos no ámbito local". A xornada desenvolverase no salón de actos do Centro Cultural "Marcos Valcárcel".