Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación da XI andaina solidaria de Paderne de Allariz a favor da AECC. O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do alcalde de Paderne de Allariz, José Manuel Fernández; da presidenta da Asociación de Mulleres Rurais de Solveira, María del Carmen Pérez; e da presidenta da Asociación Española contra o Cancro Ourense, Dora Gómez.