XII Festa da Palabra.

Compartir
- Mañá ás 12.00 horas iníciase a XII Festa da Palabra na Insua dos Poetas (A Esgueva, Madarnás, O Carballiño), unha romaxe literaria coa entrega de premios da Fundación e as actuacións musicais de Son Trío, Airiños de Caldelas e Folk Tor. Será unha homenaxe á Xeración Nós, presentando un libro sobre o "Camiño Nós", contando coas intervencións de Luís González Tosar, Román Rodríguez e Manuel Baltar.