Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación da XIII edición do Festival Internacional de Rebulir (FIR). O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; da delegada da Xunta en Ourense, Marisol Díaz; do alcalde de Ramirás, Juan Carlos Rodríguez; do director artístico do FIR, Alexandre Sotelino; e da directora xeral da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), Marisa López.