Xornada de Portas Abertas.-

Compartir
A Deputación de Ourense celebra mañá sábado, 25 de novembro, en horario de 10.00 a 14.00 horas, a súa Xornada de Portas Abertas, con motivo da 5ª edición da "Semana Escolar da Provincia e a súa Deputación" que organiza o goberno provincial. O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, realizará a primeira visita da xornada, que terá lugar ás 10.00 horas no Pazo Provincial.