– O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, recibirá a unha delegación encabezada polos presidentes dos colexios de xestores administrativos de España, que celebran en Ourense os días 13 e 14 de setembro dúas xornadas de traballo e actividades sociais e turísticas. O acto terá lugar no centro cultural "Marcos Valcárcel".