O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, asistirá o domingo, 6 de agosto, á celebración da XX edición da Feira do Pemento de Oímbra, festa declarada de Interese Turístico de Galicia. O evento gastronómico terá lugar na carballeira situada ao carón da Casa do Concello.