O vicepresidente segundo da Deputación de Ourense, Jorge Pumar, participa en Madrid no acto de entrega do XXII premio da asociación "Ciudadanos" á Deputación de Ourense, concedido polo seu proxecto "Provincia Intelixente". O acto terá lugar no Salón de actos da Secretaria de Estado para o Avance Dixital en Madrid (rúa Poeta Joan Maragall, 41).