O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o profesor da Universidade de Barcelona e director do Plan Estratéxico Cultural da provincia de Ourense, Jordi Tresserras, participarán no XXV Encontro Anual da Asociación de Casas Museo e Fundacións de Escritores de España, cunha conferencia sobre o futuro da provincia como espazo creativo no ámbito literario. O acto terá lugar no Liceo de Ourense.