Na sala de prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" terá lugar a presentación da XXVII edición da Festa de Exaltación do "Pan de Cea". O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; do alcalde de San Cristovo de Cea, José Luis Valladares; e do presidente do Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) "Pan de Cea", Carlos Rodríguez.