INFORMACIÓN SOBRE O PROGRAMA ESQUIOU 2026
PROMOVIDO POLA DEPUTACIÓN DE OURENSE EN COLABORACIÓN COA ESTACIÓN DE MONTAÑA MANZANEDA
Con esta actividade preténdese achegar o esquí aos nenos e nenas da provincia de Ourense habilitando un total de 10 quendas das que se reservaran 5 prazas en cada una, para nenos e nenas en inclusión social (sordos, cegos, síndrome de Down, autismo…).
Para iso, o programa ESQUIOU ofrece un completo programa de actividades nas instalacións da Estación de Montaña Manzaneda, incluíndo aloxamento, pensión alimenticia, curso de esquí e outras actividades complementarias para nenos e nenas nados desde o 1 de xaneiro 2014 até o 31 de decembro de 2017 na provincia de Ourense.

DESCRICIÓN
Número de persoas: 1050 nenos e nenas da provincia de Ourense, divididos en 10 quendas de 100 persoas por quenda mais 5 reservadas para nenos e nenas con distintas discapacidades.
Idades: Nados desde o 1 de xaneiro 2014 até o 31 de decembro de 2017.
Duración: Tres días - dúas noites; de luns a mércores (entrada con comida e saída con almorzo).
Inscrición: A inscripción realizarase por formulario electrónico cubrindo o seguinte formulario de inscripción ESQUIOU 2026
Prazo máximo de inscrición: Día 29 de decembro de 2025 as 12:00 horas. Os admitidos serán informados mediante un correo electrónico que incluirá todos os datos a ter en conta sobre o programa.
| Anexo | Tamaño |
|---|---|
| INFORMACION DETALLADA ESQUIOU 2026 | 1006.54 KB |