Réxime de dedicación dos cargos electos e as súas retribucións (2023-2027)
Grupo Popular (PP)
Grupo Socialista (PSG-PSOE)
Bloque Nacionalista (BNG)
Democracia Orensana (DO)
1º. Aprobar o réxime de dedicación exclusiva para os seguintes cargos da Deputación Provincial de Ourense para o mandato 2023 - 2027:
- A Presidencia da Deputación, con retribución íntegra mensual de 5.166,09 € en 14 pagas.
- A Vicepresidencia 2ª e 3ª da Deputación, con retribución íntegra mensual equivalente á dun director xeral da Comunidade Autónoma.
- A Presidencia do INORDE, con retribución íntegra mensual de 3.916,92 euros.
- Ata un máximo de tres cargos de deputado – delegado de área, a determinar pola Presidencia (sempre que teñan delegada a facultade de ditar actos administrativos con efectos fronte a terceiros), cunha retribución bruta anual de 48.000,00 euros.
- Os grupos políticos definirán de xeito discrecional os cargos con réxime de dedicación exclusiva ou parcial, podendo asignala tanto ao portavoz titular como aos seus suplentes ou adxuntos, e tanto aos cargos con funcións de coordinación xeral como a cargos de apoio ao coordinador xeral ou de coordinación ou responsabilidade en materias ou asuntos concretos. Os límites aplicables son os seguintes:
- Grupo Popular (PP): 2 dedicacións exclusivas.
- Grupo Socialista (PS de G-PSOE): 3 dedicacións exclusivas.
- Grupo do BNG: 2 dedicacións exclusivas.
- Grupo de D.O.: 1 dedicación exclusiva.
Cada cargo dos grupos políticos en réxime de dedicación exclusiva terá unha retribución de 41.000,00 euros brutos anuais.
Para estes efectos, e dentro dos límites máximos sinalados nesta base, os grupos políticos, mediante escrito asinado polo seu portavoz titular, determinarán os cargos con dereito a retribución e nomearán ás persoas que os desempeñarán. Para a súa eficacia, os acordos dos grupos deberán ser ratificados por resolución da Presidencia, que unicamente poderá denegar a ratificación no caso de que o acordo do grupo político infrinxa as presentes bases ou non se axuste a Dereito. A resolución da Presidencia deberá ditarse e notificarse ao grupo no prazo máximo de tres (3) días hábiles dende que o escrito do grupo tivese entrada no rexistro xeral da Deputación, entendéndose outorgada por silencio administrativo en caso contrario, conforme ás normas xerais en materia de procedemento.
| DEPUTADOS CON DEDICACIÓN LEXISLATURA 2023-2027 |
| D. Jorge Pumar Tesouro (PP) |
| D. José María Lago Cabo (PP) |
| Dª. María Teresa Barge Bello (PP) |
| D. Xosé Miguel Pérez Blecua (PP) |
| Dª. Elvira Lama Fernández (PSOE) (Renuncia 24/07/2025) |
| Dª. Sherezade Núñez Rodríguez (PSOE) |
| D. José Ignacio Gómez Pérez (PSOE) (renuncia) |
| D. Diego Fernández Nogueira (PSOE) |
| Dª Marina Vaz Quintillán (PSOE) |
| D. Bernardo Varela López (BNG) |
| D. Rafael Marínez Cachafeiro (DO) |
| D. Xosé Manuel Puga González (BNG) |
| PRESIDENTE | SALARIO BRUTO (ANUAL) | NÓMINA (PDF) |
| D. Luis Menor Pérez | 72.325,26 € | |
| VICEPRESIDENTES | ||
Dª. Marta Novoa Iglesias (Vicepresidenta 1ª) | ||
D. César Manuel Fernández Gil (Vicepresidente 2º) | 63.957,82 € | |
D. Plácido Álvarez Dobaño (Vicepresidente 3º) | 63.957,82 € | |