Festival de Fin de Curso da Escola Provincial de Danza da Deputación de Ourense

Compartir

O vindeiro sábado, 16 de xuño, no Teatro Principal de Ourense, a Escola Provincial de Danza da Deputación de Ourense celebra o Festival Fin de Curso 2012 co que pecha a actividade correspondente ao primeiro semestre do ano.

O festival realízase en dúas sesións, a primeira ás 18.00 horas e a segunda ás 20.00 horas, sesións nas que os alumnos da escola farán unha exhibición do traballo realizado durante o curso. En cada un dos espectáculos, os artistas da escola interpretarán jotas, muiñeiras, pandeiradas e outros ritmos do noso folclore, acompañados polas pandereteiras e os gaiteiros.

Por outra banda, a Escola Provincial de Danza anuncia que se abre o primeiro prazo de matrícula do curso 2012-2013 para as actividades de baile, canto e pandeireta. O horario de matrícula durante o mes de xuño é de luns a venres de 9.00 a 13.30 horas e de 17.30 a 20.00 horas. A matrícula será gratuíta e haberá que cubrir unha ficha cos datos persoais e adxuntar unha fotografía. A matrícula poderase formalizar no local da Escola de Danza situado no Centro Comercial "As Lagoas", na rúa Martínez Padín. O curso dará comezo no mes outubro e as actividades desenvolveranse semanalmente dende as 17.30 ás 21.00 horas.

Para máis información, poden contactar no teléfono 988249493 e no correo electrónico ccpescoladanza@depourense.es.