185 alumnos inician o curso 2018-2019 na Escola de Artes e Oficios da Deputación

Compartir

  • Debuxo, pintura, talla de madeira, modelado en barro en oleiría, son as disciplinas nas que están matriculados.

Ourense, 3 de outubro de 2018.- Un total de 185 alumnos están oficialmente matriculados na Escola de Artes e Oficios da Deputación, que hoxe abriu o seu curso académico 2018-2019 coa presenza do vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández; do seu director, Francisco González, e do claustro de profesores.

Os alumnos poderán formarse ate o vindeiro mes de xuño nas disciplinas de Debuxo e Iniciación á pintura (71), Perfeccionamento en Pintura (56), Modelado e Vaciado en Barro (19), Talla de Madeira (31) e Oleiría e Esmalte en Cerámica (8).

Rosendo Fernández defendeu o papel da Deputación como impulsora dunha escola que aposta pola formación artística, salientando a historia deste centro –que ten máis de 125 anos- e o feito de que "a Deputación de Ourense é a única en Galicia que mantén una escola destas características".