20 proxectos de emprendedores, na terceira convocatoria de "Coworking Ourense"

Compartir

  • A presentación da iniciativa, organizada pola Deputación de Ourense e a Escola de Organización Industrial, presentouse hoxe en La Molinera.

  • Manuel Baltar destacou que o éxito destes proxectos emprendedores "contribúe a facer Ourense", e agradeceu aos participantes, ao Concello de Ourense e á EOI "a implicación para que a nosa provincia siga sendo un referente de promoción de emprego e emprendemento".

Ourense, 15 de outubro de 2018.- A terceira convocatoria do espazo coworking Ourense, "Xornada Demoday", que organizan a Deputación de Ourense e Escola de Organización Industrial (EOI), presentou hoxe en "La Molinera" vinte proxectos emprendedores de sectores económicos que abranguen: audiovisual, turismo, formación, textil, plataforma colaborativa, decoración e complementos, fomento da vida saudable, consultoría e alimentación. O presidente do goberno provincial, Manuel Baltar, destacou na presentación que o éxito destes proxectos emprendedores "contribúe a facer Ourense", e agradeceu aos participantes, ao Concello de Ourense e á EOI "a implicación para que a nosa provincia siga sendo un referente de promoción de emprego e emprendimento".

Baltar remarcou "a alianza que a Deputación de Ourense mantén coa EOI e co Ministerio de Industria para levar a cabo esta iniciativa para facer realidade a ilusión de emprendedores ourensáns que traballan para que os seus proxectos empresariais saian adiante e acaden o éxito que se merecen".

Pola súa banda, o director da EOI, Javier de Benito, agradeceu o compromiso da Deputación de Ourense con esta iniciativa, "por contribuír a atraer emprego a través da formación e o emprendemento na provincia de Ourense, pois trátase de iniciativas para fixar economía e emprendedores".

Preto do 70 % dos proxectos presentados nesta edición están liderados por mulleres, e teñen como nexo común o "coworking", un sistema de traballo corporativo que permite a profesionais e emprendedores compartir un mesmo espazo físico de traballo para levar a cabo seus proxectos profesionais de xeito independente e fomentar tamén a realización de proxectos conxuntos.

O programa "Go2Work", no que se enmarca esta iniciativa, está deseñado para aumentar as probabilidades de éxito dos proxectos innovadores en idade temprana de desenvolvemento, e ten como obxectivo que os emprendedores poidan poñer en marcha en pouco tempo os seus proxectos. "Coworking Ourense" apórtalle ademais ao emprendedor un sistema de titorías e mentores; un programa formativo especializado e a pertenza a unha rede de 50 espazos coworking de toda España, así como a participación en eventos específicos.