A 28º edición do OUFF pecha cunha gala que rende homenxe á historia do cinema galego con Loles León e “O Corno” como protagonistas
►Loles León recibiu, de mans do presidente provincial, Luis Menor, a Calpurnia de Honra pola súa traxectoria no cinema lembrando a participación no filme galego "Sempre Xonxa", de Charo Piñeiro
►Jaione Camborda recibiu a Calpurnia Xacobeo á Mellor Película por O Corno e o Premio á Mellor Dirección
►Nathalie Poza recolleu o Premio á Mellor Interpretación por Honeymoon. O filme, de Enrique Otero, tamén levou o Premio do Público da Sección Oficial Internacional
►O evento rematou coa estra do filme "Mi otro Jon". O director, Paco Arango, presentouna ao público