52 deportistas ourensáns reciben este ano as bolsas da Deputación de Ourense
- O recoñecemento a un técnico deportivo de disciplinas individuais recaeu nesta edición no adestrador de artes marciais, Manuel Montero Vidal.
Ourense, 3 de xuño de 2016.- O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, e o asesor de Deportes da Deputación, Bernardino González, entregaron esta tarde no Centro Cultural "Marcos Valcárcel", as axudas a 52 deportistas ourensáns correspondentes ao exercicio 2015.
A Deputación de Ourense con esta iniciativa pretende "premiar economicamente a estes deportistas ourensáns e recoñecer publicamente o esforzo e o traballo que realizan nestes deportes individuais en Ourense", asegurou Rosendo Fernández.
Ademais da entrega das bolsas, realizouse o recoñecemento público a un técnico deportivo ourensán de disciplinas individuais que nesta ocasión a persoa designada foi o adestrador de artes marciais (judo e jiu jitsu), Manuel Montero Vidal, quen con máis de 50 anos exercendo, primeiro como deportista e logo como técnico, constitúe a historia viva do Judo en Galicia e mestre-adestrador de campións galegos, de España e participantes en distintos campionatos de Europa e do mundo. Con este recoñecemento, a Deputación de Ourense quere mostrar que "a mellora na formación e rendemento dos deportistas ourensáns, teñen nos técnicos un dos seus piares básicos e fundamentais", sinalou o vicepresidente do ente provincial.
As axudas concedidas, correspondentes ao exercicio 2015, organízanse en catro grupos segundo a categoría do deportista, quedando distribuídas da seguinte maneira:
No grupo primeiro,a contía da axuda anual para cada un dos deportistas deste grupo é de 1.450 euros.
DANIEL PÉREZ MORALES - XIMNASIA; PABLO RODRÍGUEZ GUEDE - CICLISMO; FELIPE IGLESIAS DE LA TORRE - JIUJITSU; IVÁN SALGADO LÓPEZ - XADREZ.
No grupo segundo, a contía da axuda anual para conceder a cada un dos deportistas deste grupo é de 850 euros.
JESÚS RODRÍGUEZ LEÓN - PIRAGÜISMO; JOSE MANUEL FERREIRA COLMENERO - WUSHU; YAEL CAMPELO ANTÓN - XIMNASIA; ALEJANDRO FERNÁNDEZ RIVERA - ATLETISMO.
No grupo terceiro, a contía da axuda anual para conceder a cada un dos deportistas deste grupo é de 600 euros.
CARLOS EDUARDO NOVELLE MAN - XIMNASIA; SERGIO PARGA NORES - KUNG FU; PAULA FERNÁNDEZ JUSTO - TIRO OLÍMPICO; ADRIÁN FERNÁNDEZ LAMEIRO - PIRAGÜISMO; SANDRA SENRA CONDE - TAEKWONDO; ANDRÉS FREIJEIRO CRUZ - TAEKWONDO.
No grupo de axudas extraordinarias, a contía da axuda concedida a cada deportista é de 350 euros.
DAVID DAVITE AGUIAR - TIRO OLÍMPICO; JOSE MANUEL PRADO PRADO - BOCCIA; LAURA PIMENTEL PÉREZ - NATACIÓN; MIGUEL BARBADO FERNÁNDEZ - BADMINTON; LORETO MARÍA BLANCO PÉREZ - XIMNASIA; LETICIA GIL PÉREZ - ATLETISMO; JORGE ANTONIO ENCINAS ARNAU - TIRO OLÍMPICO; EZEQUIEL GAGO TROITIÑO - WUSHU; IVÁN DARIO RODRÍGUEZ ALZATE - HALTEROFILIA; IVÁN DOCAMPO GONZÁLEZ - ATLETISMO; CARLOS REVUELTA PARRA - ATLETISMO; JUAN FRANCISCO FERNÁNDEZ MUÑOZ - HÍPICA; NICOLÁS CID RANCAÑO - XIMNASIA; EVA ARIAS AIRA - ATLETISMO; MARC CIURANA ROCA - NATACIÓN; IVÁN FEIJÓO ALBERTE - CICLISMO; DIEGO FEIJÓO GONZÁLEZ - XIMNASIA; ALEJANDRO CID MASID - XIMNASIA; AGAR GAGO TROITIÑO - WUSHU; BRAIS ANSIA LÓPEZ - WUSHU; ALBERTO TABOADA VILA - NATACIÓN; LUCAS DOMURO ARIAS - XIMNASIA; ANA GARCÍA ARIAS - ATLETISMO; JUDITH MOVILLA TOURIÑO - GOLF; MIGUEL PIMENTEL PÉREZ - NATACIÓN; MARCOS GARCÍA OTERO - NATACIÓN; PAULA BLANCO PÉREZ - NATACIÓN; ADRIÁN PRADA PÉREZ - PIRAGÜISMO; ALFONSO GARCÍA EIRIZ - AUTOMOBILISMO; YAGO BLANCO GARCÍA - HÍPICA; ANA FERNÁNDEZ MORAIS - JIUJITSU; EMANUEL J. ÁLVAREZ ESCOBINO - KUNG FU; GUILLERMO GARCÍA VARELA - XIMNASIA; MARIA SALAS CID - XIMNASIA; DANIEL FERNÁNDEZ MÉNDEZ - XIMNASIA; CLARA ÁLVAREZ ARAUJO - WUSHU; ESTHER ÁLVAREZ ÁLVAREZ - NATACIÓN; JACOBO CARIDE CID - NATACIÓN.