Aberto o prazo de inscricións para o uso de espazos no Pazo dos Deportes da Deputación de Ourense
O Pazo dos Deportes "Paco Paz" da Deputación de Ourense abríu o prazo de inscrición ata o 19 de setembro para clubes deportivos, federacións e demais usuarios para solicitar o uso dos distintos espazos da instalación para adestramentos e partidos oficiais para a tempada deportiva 2014-2015. Os interesados deberán cumprimentar a solicitude oficial que está a súa disposición nas oficinas do Pazo dos Deportes e na páxina web: www.pazopacopaz.es. Unha vez rematado o prazo procederase á adxudicación das horas en función das dispoñibilidades existentes e das prioridades que figuran no regulamento de uso da instalación.