Aberto o prazo de matrícula na Escola de Artes e Oficios da Deputación de Ourense
A Escola de Artes e Oficios da Deputación de Ourense terá aberto ao longo de todo o mes de novembro o prazo de matrícula para o novo curso académico, coa novidade de que nesta ocasión o periodo lectivo irá dende o 2 de xaneiro de 2014 ao 30 de xuño do mesmo ano.
Esta escola da Deputación ofrecerá as disciplinas de debuxo e iniciación a pintura, perfeccionamento en pintura, talla en madeira, modelado e vaciado e oleiría.
Con tres horas de clase diarias, de luns a venres (de 18:00 a 21:00 horas), os alumnos interesados deberán aboar unha taxa de matrícula de 40 euros e 10 euros mensuais. Están exentos de pago as persoas con síndrome de Down, as que teñan unha discapacidade superior ao 30 % e as persoas desempregadas.
A documentación poderá retirarse nas dependencias do Centro Cultural "Marcos Valcárcel", en horario de 8:30 a 14:30 e de 16:00 a 21:00 horas.
Para máis información poden dirixirse ás dependencias do propio centro cultural, telefónicamente no número 988 385222 e por mail a centrocultural@depourense.es