Acordos do pleno da Deputación de Ourense de data 22 de marzo de 2013

Compartir

 

*Aprobar inicialmente unha modificación puntual da Relación de Postos de Traballo da Deputación Provincial de Ourense para o exercicio 2013, co seguinte contido:

Na Área de Administración Xeral, os negociados de Publicacións e Arquivo pasarán a integrar unha única sección, baixo a dependencia común dun xefe de sección.

Créase un posto denominado Xefe da Sección de Arquivo e Publicacións, coa seguinte configuración:

Funcionario. Escala de administración especial, subescala de servizos especiais. Clase: prazas de cometidos especiais. Categoría profesional: técnico superior en administración cultural. Grupo A1, nivel 28, posto singularizado. Forma de provisión: concurso específico.

A este posto corresponderanlle as funcións de dirección e coordinación da sección, asumindo directamente as funcións de xefatura do Negociado de Arquivo.

Suprímese o posto de xefe do Negociado de Arquivo, amortizando a praza correspondente.

*Desestima-la RESOLUCIÓN DE RECLAMACIÓN PRESENTADA POLO CONCELLO DE SAN XOÁN DE RÍO CONTRA O PROGRAMA PROVINCIAL DE ASISTENCIA TÉCNICA, ECONÓMICA E XURÍDICA ÓS CONCELLOS E MANCOMUNIDADES EN MATERIA DE SERVIZOS SOCIAIS COMUNITARIOS PARA O EXERCICIO 2013.

Acordo:

Desestima-la reclamación presentada polo Concello de San Xoán de Río para revisión da cantidade asignada para 2013 en concepto de SAF básico, xa que esta Deputación xa lle recoñeceu a este Concello unha contía que resulta da aplicación dos apartados correspondentes das bases reguladoras, téndose en conta a súa situación de concello de elevada dispersión cunha ratio de cobertura de 1 unidade de convivencia por cada 75 habitantes.

Desestimar a solicitude de financiamento do 50% dos custos dunha educadora social propia para o Concello (cun custo anual de 22.041,68 €) dado que Concello de San Xoán de Río non se atopa en ningún dos supostos previstos para poder ser subvencionado o profesional de educación social.

*Aprobación da MOCIÓN SOBRE A DECISIÓN DE NOVAGALICIA BANCO DE PECHE DE OFICINAS NA PROVINCIA DE OURENSE

Acordo:

A Deputación de Ourense:

Manifesta a súa preocupación e solicita a Novagalicia Banco que reconsidere o peche de dezaoito oficinas na nosa provincia.

Insta a Novagalicia Banco e aos Concellos afectados a que adopten as decisións necesarias, coa colaboración dos medios materiais que estimen precisas, para evitar o peche permanente destas oficinas e que non se deixen de prestar estes servizos bancarios, sinaladamente nos concellos do medio rural.

*Aprobación da MOCIÓN SOBRE A ALTA VELOCIDADE NA PROVINCIA DE OURENSE

Acordo:

1º.- Esixir que se acelere a contratación do último tramo pendente de licitación entre Galicia e Madrid, o de Taboadela-Ourense (17 quilómetros), executándoo segundo a solución aprobada na Declaración de Impacto Ambiental do estudo informativo de integración urbana e con plenas características de alta velocidade ferroviaria.

2º.- Esixir que se acelere a contratación da Estación Intermodal da cidade de Ourense (Estación Central de Galicia) por ser unha infraestrutura fundamental para o pleno funcionamento da Alta Velocidade de Galicia.

*Aprobación da MOCIÓN SOBRE AS PARTICIPACIÓNS PREFERENTES E OBRIGAS SUBORDINADAS

Acordo:

O Pleno da deputación rexeita o procedemento artellado polo Goberno do Estado que supón unha quita de máis do 50% aos aforradores e aforradoras.

O pleno da deputación insta ao Goberno da Xunta de Galiza e Goberno do Estado a que garanta das entidades Bancarias a devolución íntegra dos ingresos dos aforradores/as.

A deputación porá a disposición os seus Servizos Xurídicos

Dación de Conta da acta da reunión do xurado encargado de ditamina-lo Premio Otero Pedrayo 2012.

Proclamándose por maioría de votos a concesión do Premio Otero Pedrayo 2012 ó escritor don Xosé Luis Méndez Ferrín.