Acordos do pleno da Deputación de Ourense de data 26 de abril de 2013

Compartir

*Aprobar INICIALMENTE A ORDENANZA REGULADORA DA REAL BANDA DE GAITAS DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

Constitúe o obxecto da presente ordenanza o establecemento do réxime xurídico específico da Real Banda de Gaitas da Deputación Provincial de Ourense.

As normas establecidas na presente Ordenanza serán ademais de aplicación ao resto de agrupacións musicais adscritas á Escola Provincial de Gaitas, en tanto estas carezan dunha normativa específica.

*Aprobar INICIALMENTE A ORDENANZA REGULADORA DA ESCOLA PROVINCIAL DE GAITAS DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

O obxecto da presente Ordenanza é o establecemento do réxime xurídico específico da Escola Provincial de Gaitas da Deputación Provincial de Ourense.

*Aprobar INICIALMENTE A ORDENANZA REGULADORA DO SERVIZO PROVINCIAL DE TELEASISTENCIA NO FOGAR DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

A presente ordenanza ten por obxecto regular a prestación, por parte da Deputación Provincial de Ourense, do servizo de teleasistencia no fogar aos cidadáns empadroados nos municipios da provincia de menos de 20.000 habitantes, que por razón de idade, enfermidade ou concorrencia de discapacidade, precisen a asignación deste recurso para mellorar a súa calidade de vida e apoiar a permanencia no seu contorno habitual.

*Acepta-la delegación nesta Deputación Provincial das facultades que o Concello de Verea ten atribuídas en materia de recadación da taxa pola prestación do servizo de subministración de auga, da taxa pola prestación do servizo de sumidoiros, tratamento e depuración de augas residuais e de xestión do canon da auga da Xunta de Galicia.

A dita delegación rexerase polas condicións xerais establecidas pola Deputación Provincial para a delegación de competencias nesta materia.

*Aprobar EXPEDIENTE 1/2013 DE MODIFICACIÓN DOS CRÉDITOS ORZAMENTARIOS E DAS BASES DE EXECUCIÓN DO ORZAMENTO DO EXERCICIO 2013 MEDIANTE SUPLEMENTOS DE CRÉDITO E CONCESIÓN DE CRÉDITOS EXTRAORDINARIOS.

*Aprobar EXPEDIENTE 2/2013 DE MODIFICACIÓN DOS CRÉDITOS ORZAMENTARIOS DO EXERCICIO 2013 MEDIANTE SUPLEMENTOS DE CRÉDITO PARA REDUCIÓN DE ENDEBEDAMENTO NETO.

*Aprobar INICIALMENTE O PLAN PROVINCIAL DE COOPERACIÓN ÁS OBRAS E SERVIZOS MUNICIPAIS 2013 (PLAN BASE)

Aprobase inicialmente o Plan provincial de cooperación ás obras e servizos municipais 2013, co detalle que figura na relación de obras para o efecto redactado, co seguinte resumo:

PLAN PROVINCIAL DE COOPERACIÓN E ESTRADAS

DEPUTACIÓN CONCELLOS TOTAL

1.- Obras municipais 2.508.967,74 € 960.834,88 € 3.469.802,62 €

2.- Réxime especial para concellos en situación de insuficiencia financeira manifesta 278.775,00 € 278.775,00 €

2.- Rede Viaria Deputación 1.200.000,00 € 1.200.000,00 €

TOTAL 3.987.742,74 € 960.834,88 € 4.948.577,62 €

PLAN COMPLEMENTARIO

DEPUTACIÓN CONCELLOS TOTAL

Obras municipais 2.230.191,34 € 830.334,55 € 3.060.525,89 €

Rede Viaria Deputación 69.577,78 € 69.577,78 €

*Aprobar INICIALMENTE A RELACIÓN DE ESTRADAS DE TITULARIDADE MUNICIPAL DO CONCELLO DE MANZANEDA

Aprobar inicialmente, no exercicio da competencia delegada polo Concello de Manzaneda mediante acordo plenario do 30 de marzo de 2012, a relación de estradas de titularidade municipal do Concello de Manzaneda, conforme co documento elaborado polo Servizo de Vías e Obras da Deputación.

CÓDIGO DENOMINACIÓN LONXITUDE DA ESTRADA (m) COTA MÁXIMA (M) COTA MÍNIMA (M) RADIO MINIMO (M) ANCHO MEDIO ((m)

OU- 44001 MANZANEDA (OU-0701)- ESCOURIDO 1.907 782,74 669,90 17,26 4,81

OU- 44002 (OU—0702) ACCESO A ROZAVALES 237 740,05 732,17 31,16 3,50

OU- 44003 MANZANEDA (OU-0701)- PONTE BIBEI (L. CONCELLO DE TRIVES) 5.592 654,79 356,09 10,17 6,00

OU- 44004 MANZANEDA (OU-0701)- GABINO GARCÍA 243 672,31 654,79 67,53 6,35

OU- 44005 MANZANEDA (OU-0701)- ESTACIÓN CABEZA DE MANZANEDA (1º TR.) 9.361 1.373,71 692,02 12,68 3,97

OU- 44006 VARIANTE PARADELA (CARRETERA VELLA) 560 990,80 950,90 38,16 4,50

OU- 44007 VARIANTE PARADELA DE ARRIBA 274 1.012,04 1.008,20 50,18 3,50

OU- 44008 MANZANEDA (OU-0701)- SOUTIPEDRE (OU- 0701) 9.075 815,10 581,64 11,78 4,00

OU- 44009 (OU- 44008) RAMAL A SAN PEDRO 515 667,63 624,78 16,29 3,50

OU- 44010 PLACIN (OU- 0701- A MADROA 3.004 868,71 622,43 10,23 4,50

OU- 44011 (OU- 44010) RAMAL A TOUZA 165 776,37 764,07 83,35 3,50

OU- 44012 (OU- 44010) RAMAL A CUBEIROS 468 764,07 726,41 7,21 3,50

OU- 44013 (OU- 44010) RAMAL A FACEIRA 85 757,34 751,70 100,20 3,50

OU- 44014 (OU- 44010) RAMAL A BORRUGA 89 686,17 681,40 21,38 3,50

OU- 44015 CESURIS (OU-44008)- CIMADEVILA DE LANGULLO 1.915 667,74 600,79 10,07 3,50

OU- 44016 (OU- 0701) RAMAL A PLACIN 143 860,47 855,50 81,57 3,25

OU- 44017 (OU- 0701) RAMAL A REQUEIXO 1.124 931,65 890,12 48,80 3,50

OU- 44018 (OU- 0701) RAMAL A TRABAZOS 1.667 909,02 820,83 11,06 4,00

OU- 44019 (OU- 44018) ENLACE TRABAZOS (OU- 44020) 265 914,18 909,95 65,88 3,50

OU- 44020 SAN MIGUEL (OU- 0701)- SAN VICENZO 3.457 952,96 877,45 13,06 4,00

OU- 44021 (OU- 44020) RAMAL A REBODEPÓ 2.960 964,30 876,94 23,53 3,50

OU- 44022 (OU- 0701) CARRETERA A BIDUEIRA 893 871,31 816,01 26,53 3,33

OU- 44023 (OU- 0701 RAMAL A BIDUEIRA) 1.047 858,24 843,61 17,13 3,25

OU- 44024 CIMADEVILA (REIGADA) 153 853,68 841,98 21,61 3,00

OU- 44025 A REIGADA 127 831,35 830,70 41,64 3,00

OU- 44026 (OU- 0701) REIGADA- DERNADO (LÍMIE CONCELLO DO BOLO) 6.140 1.060,89 831,23 16,34 3,92

OU- 44027 (OU- 0701) PONTE REIGADA- ENCORO DO BAO (LÍMIE C DO BOLO) 3.043 778,64 574,38 6,29 4,00

OU- 44028 (OU- 0701) ANTIGUA CARRETERA (OU- 0701) 336 651,76 640,17 12,50 3,75

OU- 44029 CAMIÑO SEOANE 393 684,50 667,66 24,69 3,50

Lonxitude total das estradas provinciais.......................................... 55.238

Número de estradas municipais........................................... 29

*EXPROPIACIÓN FORZOSA, POLO PROCEDEMENTO DE TAXACIÓN CONXUNTA, PARA A EXECUCIÓN DA OBRA BEIRARRÚAS NA CASTELLANA, N.º 70/PB/2012, NO MUNICIPIO DE SAN CIBRAO DAS VIÑAS.

Estimar parcialmente a alegación formulada polo propietario da parcela afectada, consonte co informe emitido polo técnico inspector do Servizo de Vías e Obras da Deputación Provincial de Ourense

Aprobar definitivamente o expediente expropiatorio de taxación conxunta para a execución da obra de "beirarrúas na Castellana", no municipio de San Cibrao das Viñas.

Declarar a necesidade de ocupación, con carácter de urxencia, dos bens e dereitos afectados pola devandita expropiación.

*Aprobación da MOCIÓN RELATIVA AO ESTABLECEMENTO DE MEDIDAS PARA COMPENSAR OS DANOS PROVOCADOS POLAS CHUVIAS NO SECTOR AGRARIO DA COMARCA DA LIMIA.

Acordo:

O Pleno da deputación insta ao goberno galego a adoptar as seguintes medidas en relación cos danos ocasionados no sector agrario da comarca da Limia polas adversas condicións meteorolóxicas dos últimos meses:

1. - A establecer medidas específicas de axuda para os agricultores e gandeiros para facer fronte ás perdas ocasionadas nos cultivos cerealísticos.

2. - A incrementar as axudas para os e as produtoras que subscriban seguros agrarios que cubran os danos causados por este tipo de adversos meteorolóxicos.

3.- Instar ao goberno do Estado a establecer mediante o correspondente Decreto a declaración de zona catastrófica e as axudas correspondentes tanto polos danos ocasionados nos cultivos de inverno como polo lucro cesante para os cultivos que se van retrasar ou impedir.

*Creación DO OBSERVATORIO DA SOSTIBILIDADE DA PROVINCIA DE OURENSE E PARA A INCLUSIÓN NA REDE DE OBSERVATORIOS DA SOSTIBILIDADE.

Acordase:

1.- Crear o Observatorio da Sostibilidade da Provincia de Ourense, coas seguintes funcións :

Recompilación de información ambiental, económica e social relevante da provincia de Ourense.

Selección e cálculo dunha batería de indicadores representativa e concordante cos compromisos de Aalborg.

Deseño de plans de desenvolvemento estratéxico no ámbito provincial, comarcal e municipal.

Realización, monitorización e seguimento da A21 provincial-intermunicipal.

Elaboración do informe anual sobre o estado ambiental, social e económico da provincia, das súas comarcas e dos municipios integrados na Rede de municipios.

Creación e mantemento dun sistema de información xeográfica provincial (XIS).

Asistencia técnica para a realización das A21 locais.

Cooperar eficazmente cos municipios ourensáns e organismos supramunicipais.

Facilitar a consecución de financiamento para a posta en marcha de proxectos a través da realización de accións integradas nos concellos que conforman a rede.

Por a disposición dos ourensáns información sobre o estado de sostibilidade da provincia e dos seus municipios.

Fomentar e facilitar a participación da poboación na xestión municipal a través dos procesos de A21.

Impulsar a implicación e sensibilización da poboación a través do coñecemento das accións/proxectos que van ser levados a cabo no seu territorio.

2.- Aprobar a adhesión deste observatorio á rede de observatorios de sostibilidade, aprobando expresamente o documento marco para o funcionamento da dita rede, aprobalo polo Observatorio de la Sostenibilidad de España.

*Aprobación da MOCIÓN PARA A CREACIÓN DUNHA COMISIÓN INFORMATIVA ESPECIAL SOBRE A REFORMA DO GOBERNO LOCAL EN ESPAÑA

Acordo:

Crear unha comisión informativa especial co obxecto de estudar o anteproxecto de Lei de racionalización e sostibilidade da administración local e formular unha proposta de alegacións ao dito anteproxecto para a súa aprobación polo Pleno.

A dita comisión informativa especial axustarase ás seguintes regras:

A comisión estará integrada polo presidente e un representante de cada grupo político e de conformidade co establecido no artigo 6.1 do Regulamento Orgánico da Deputación a comisión funcionará en réxime de voto ponderado.

A designación dos representantes da comisión corresponderalle a cada grupo político, mediante escrito dirixido á Presidencia polo portavoz de cada grupo, no que se poderán incluír os suplentes que se consideren necesarios.

A comisión reunirase con periodicidade semanal ata a total conclusión dos seus traballos, debendo formular unha proposta de alegacións ao anteproxecto de lei con antelación suficiente para o seu tratamento no pleno ordinario do mes de maio. A data e hora das reunións acordaraa a Presidencia, trala audiencia previa dos grupos políticos. Unha vez convocada a primeira reunión non será necesario realizar convocatoria formal das seguintes sesións, que se entenderán automaticamente convocadas para a mesma data e hora, agás que por razóns de forza maior houbese que modificar a data e hora de celebración ou fose preciso convocar unha sesión adicional.

* EXPROPIACIÓN FORZOSA, PARA A EXECUCIÓN DE ACONDICIONAMENTO E MELLORA DA ESTRADA PROVINCIAL OU-1201 BANDE-BARXES, Nº 93/PB/2012, CLAVE 3/16/11, NO MUNICIPIO DE BANDE.

Acordase, ademais de resolver diversas alegacións, aprobar os proxectos técnicos que comprenden as obras de acondicionamento e mellora da estrada provincial OU-1201 Bande-Barxés, que constitúen o obxecto do expediente expropiatorio, co seguinte detalle:

- Proxecto de acondicionamento e mellora da estrada OU-1201, pq 1,160 ao 2,100, redactado por don José Manuel González Sánchez en novembro de 2011, clave 3/16/2011.

- Proxecto de acondicionamento da estrada OU-1201 Bande-Barxés, pq 2,080 a 2,400, redactado por don José Manuel González Sánchez e novembro de 2012, n.º 93/PB/2012.

Acordase ter por declarada a utilidade pública das obras mencionadas e a necesidade de ocupación dos terreos incluídos na relación de bens e dereitos afectados pola expropiación.