Acordos do Pleno da Deputación de Ourense de data 28 de decembro de 2012

Compartir

*Aprobación inicial da ordenanza reguladora dos prezos públicos pola prestación do servizo de análise de terras do INORDE, de regulación do establecemento e fixación dos prezos públicos provinciais pola prestación de servizos de analises de terra e recollida de mostras no laboratorio homologado dependente do INORDE.

*Aprobación da modificación o artigo 18 dos estatutos do INORDE.

*Aprobación do CONVENIO MARCO DE COOPERACIÓN ENRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE E OS CONCELLOS DA PROVINCIA PARA A PRESTACIÓN, POR PARTE DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL, EN RÉXIME DE COMPETENCIA DELEGADA E CON CARÁCTER INTERMUNICIPAL, DO SERVIZO DE RECOLLIDA DE RESIDUOS SÓLIDOS URBANOS NOS MUNICIPIOS DA PROVINCIA

Acordase aproba-lo convenio marco de cooperación entre a Deputación Provincial de Ourense e os concellos da provincia para a prestación, por parte da Deputación Provincial, en réxime de competencia delegada e con carácter intermunicipal, do servizo de recollida de residuos sólidos urbanos nos municipios que se adhiran.

A delegación das competencias de ordenación, xestión e prestación do servizo de recollida de residuos sólidos urbanos comprenderá o exercicio entre outras das seguintes funcións:

A ordenación do servizo.

O establecemento, imposición e ordenación das taxas pola súa prestación.

A planificación do servizo.

O exercicio da potestade sancionadora.

A dirección do persoal adscrito ó servizo.

A organización dos traballos de recollida, a realización de campañas de información entre a poboación.

*Aprobación da DELEGACIÓN NA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DO EXERCICIO DAS COMPETENCIAS DE XESTIÓN TRIBUTARIA E RECADACIÓN DO IVTM, TAXA DO LIXO, TAXA DE ABASTECEMENTO DE AUGA E TAXA DE SANEAMENTO DO CONCELLO DA BOLA

*Aprobación da DELEGACIÓN NA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DO EXERCICIO DAS FACULTADES QUE O CONCELLO DE ENTRIMO TEN ATRIBUÍDAS EN MATERIA DE RECADACIÓN DE MULTAS COERCITIVAS

*Aprobación do CONVENIO MARCO DE COOPERACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE, OS CONCELLOS DE XINZO DE LIMIA, O CARBALLIÑO, MELÓN, AGRUPACIÓN DE CONCELLOS DE MUÍÑOS, BANDE, LOBEIRA, ENTRIMO E LOBIOS E AGRUPACIÓN DE CONCELLOS DA RÚA, PETÍN, LAROUCO E VILAMARTÍN DE VALDEORRAS, E OS CONCELLOS QUE SE ADHIRAN, PARA A ORDENACIÓN E XESTIÓN, POR PARTE DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL, EN RÉXIME DE COMPETENCIA DELEGADA E CON CARÁCTER INTERMUNICIPAL, DO SERVIZO DE RECOLLIDA DE ANIMAIS ABANDONADOS DEPENDENTES DOS CENTROS DE RECOLLIDA DE XINZO DE LIMIA, O CARBALLIÑO E OS FUTUROS CENTROS SITUADOS EN MELÓN, MUÍÑOS E A RÚA.-

O convenio regula as condicións para a ordenación e xestión, por parte da Deputación Provincial de Ourense, en réxime de competencia delegada e con carácter intermunicipal, do servizo de recollida de animais abandonados dependentes dos centros de recollida actualmente situados en Xinzo de Limia e O Carballiño e nos futuros centros de recollida situados en Melón, Muíños e A Rúa.

A Deputación Provincial asumirá o exercicio da totalidade das competencias municipais de ordenación e xestión do servizo de recollida de animais abandonados no municipio de Xinzo de Limia, o Carballiño, Melón, nos municipios que integran a agrupación dos concellos de Muíños, Bande, Lobeira, Entrimo e Lobios e da agrupación dos concellos da Rúa, Petín, Larouco e Vilamartín de Valdeorras, así como nos municipios dos concellos que se adhiran ó convenio marco.

*Aprobación da PRÓRROGA DOS CONVENIOS DE COOPERACIÓN SUBSCRITOS POLA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE PARA A PRESTACIÓN, EN RÉXIME DE COMPETENCIA DELEGADA, DOS SERVIZOS DE LIMPEZA VIARIA EN VIANA DO BOLO E CARBALLEDA DE VALDEORRAS.

*Aprobación do CONVENIO DE COOPERACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE E O CONSORCIO DE AUGAS DE VALDEORRAS, PARA A PRESTACIÓN DE ASISTENCIA TÉCNICA, XURÍDICA E ADMINISTRATIVA NA XESTIÓN DO SERVIZO INTERMUNICIPAL DELEGADO DE DEPURACIÓN DE AUGAS RESIDUAIS NA COMARCA DE VALDEORRAS.

*Aprobación da ACEPTACIÓN DA DELEGACIÓN DE COMPETENCIAS SOLICITADA POLO CONCELLO DE SAN CIBRAO DAS VIÑAS, PARA A EXPROPIACIÓN FORZOSA DOS BENS AFECTADOS POLA OBRA DE CONSTRUCIÓN DE BEIRARRÚAS NA CASTELLANA E ENSANCHE CAMIÑO FARIXA, N.º 70/PB/2012, NO DITO MUNICIPIO.

*Aprobación do CONVENIO DE COOPERACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE E O CONSORCIO DE AUGAS DE VALDEORRAS, PARA A PRESTACIÓN DE ASISTENCIA TÉCNICA, XURÍDICA E ADMINISTRATIVA NA XESTIÓN DE SERVIZOS DE ABASTECEMENTO DE AUGA POTABLE E SANEAMENTO NO MUNICIPIO DO BARCO DE VALDEORRAS.

*Aprobación do CONVENIO DE COOPERACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE E OS CONCELLOS DE NOGUEIRA DE RAMUÍN E PEREIRO DE AGUIAR PARA A PRESTACIÓN DE ASISTENCIA TÉCNICA PARA A XESTIÓN DA ESTACIÓN DE TRATAMENTO DE AUGA POTABLE DE MELIAS DURANTE O EXERCICIO 2013.

*Aprobación da MOCIÓN DO GRUPO POPULAR NA DEFENSA DOS PARADORES DE TURISMO DE VERÍN E DE SANTO ESTEVO E DO MANTEMENTO DA SÚA ACTIVIDADE DURANTE TODO O ANO.

Acadase o seguinte acordo:

1º.- Instar á sociedade "Paradores de Turismo" e ás administracións e ás administracións competentes a que fagan tódolos esforzos posibles para acadar acordos que permitan o mantemento da actividade dos paradores de Verín e Santo Estevo, para que a provincia de Ourense poida seguir contando con estas infraestruturas turísticas que supoñen un polo de atracción de visitantes ó longo de todo o ano.

2º.- Instar a Paradores de Turismo a que poñan en marcha os cambios necesarios para mellora-la rendibilidade dos paradores de Verín e Santo Estevo, co fin de garanti-la continuidade da súa actividade económica e turística ó longo de todo o ano.