Acordos do pleno ordinario da Deputación de Ourense de data 29 de novembro de 2013
Os seguintes puntos recollen os acordos da sesión plenaria ordinaria da Deputación de Ourense correspondentes ao mes de novembro de 2013:
*TOMA DE POSESIÓN DA DEPUTADA PROVINCIAL DONA MARÍA DEL CARMEN FIGUEIRAL IGLESIAS.
* APROBACIÓN INICIAL DA RELACIÓN DE POSTOS DE TRABALLO 2014.
Acordo:
Aprobar inicialmente a Relación de Postos de Traballo 2014 do persoal da Deputación Provincial de Ourense, segundo o documento que consta no expediente.
Someter a información pública, durante o prazo de 15 días hábiles, o documento inicialmente aprobado, mediante anuncio no BOP, para a formulación de alegacións ou reclamacións. Se transcorrido o prazo de información pública non se formulan alegacións ou reclamacións, entenderase automaticamente aprobada de forma definitiva. Se se formulan alegacións ou reclamacións estar serán resoltas polo Pleno.
*APROBACIÓN INICIAL DO PLAN DE ORDENACIÓN DE RECURSOS HUMANOS 2014
As disposicións de natureza normativa do presente Plan de Ordenación de Recursos Humanos entrarán en vigor ó día seguinte ó da súa publicación íntegra no Boletín Oficial da Provincia de Ourense, sen prexuízo da súa retroactividade, con efectos do 1 de xaneiro de 2014, nos casos expresamente contemplados nas ditas disposicións normativas. En todo caso, non terán efecto retroactivo as disposicións restritivas de dereitos dos empregados públicos.
O Plan terá vixencia indefinida ata a súa substitución ou modificación por un Plan posterior ou norma de superior rango xerárquico.
*EXPEDIENTE N.º 5/2013 DE MODIFICACIÓN DAS BASES DE EXECUCIÓN DO ORZAMENTO DE 2013
Acordo:
Aceptar a renuncia do Concello de Larouco, efectuada en escrito do 28 de outubro de 2013, á cantidade de 50.000 euros concedida por acordo do Pleno da Corporación do 26 de abril de 2013, para o peche do polideportivo, por dificultades sobrevidas na redacción do preceptivo proxecto técnico que impedirán a execución da actuación no presente exercicio.
2º.- Aprobar inicialmente a modificación n.º 5/2013 das bases de execución do orzamento, destinando á dita cantidade de 50.000 ás seguintes finalidades:
Beneficiario Finalidade Importe
Concello da Veiga Equipamento deportivo 14.840,63 €
Concello de Cortegada Arranxo campo de fútbol 7.468,93 €
Mancomunidade de Monterrei Gastos de Funcionamento e mantemento 15.000,00 €
Concello da Rúa Aparcamento en Polígono Industrial 12.690,44 €
*EXPEDIENTE DE MODIFICACIÓN DE CRÉDITOS 3/2013 DO INORDE
Acordo:
Aproba-la modificación de créditos do expediente, co seguinte detalle:
CONCESIÓN DE CRÉDITOS EXTRAORDINARIOS
Aplicación orzamentaria Expresión Importe €
42211/420.00 Programa emprendemento 52.000,00.-
Suma créditos extraordinarios 52.000,00.-
RECURSOS UTILIZADOS
Remanente Tesourería. Subconcepto 870.00 para financiar gastos xerais 52.000,00.-
*APROBACIÓN INICIAL DO ORZAMENTO XERAL DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE PARA O EXERCICIO 2014
Acordo:
Aproba-lo orzamento xeral da Deputación provincial de Ourense para o ano 2014, co detalle que figura nos resumos seguintes:
A) ENTIDADE LOCAL.-
Estado de gastos
Capítulo 1.- Gastos de persoal 27.588.853,67 €
Capítulo 2.- Gastos correntes en bens e servizos 17.905.505,41€
Capítulo 3.- Gastos financeiros 1.489.571,42 €
Capítulo 4.- Transferencias correntes 6.944.555,31 €
Capítulo 6.- Investimentos reais 13.201.751,90 €
Capítulo 7.- Transferencias de capital 1.240.334,72 €
Capítulo 8.- Activos financeiros 300.000,00 €
Capítulo 9.- Pasivos financeiros 5.029.427,57 €
TOTAL GASTOS...... 73.700.000,00 €
Estado de ingresos
Capítulo 1.- Impostos directos 4.100.000,00 €
Capítulo 2.- Impostos indirectos 3.647.000,00 €
Capítulo 3.- Taxas, prezos públicos e outros ingresos 5.550.107,08 €
Capítulo 4.- Transferencias correntes 58.904.980,65 €
Capítulo 5.- Ingresos patrimoniais 190.462,75 €
Capítulo 6.- Alleamento de investimentos reais 7.000,00 €
Capítulo 7.- Transferencias de capital 1.000.449,52 €
Capítulo 8.- Activos financeiros 300.000,00 €
Capítulo 9.- Pasivos financeiros 0,00 €
TOTAL INGRESOS... 73.700.000,00 €
B) INORDE.-
Estado de gastos
Capítulo 1.- Gastos de persoal 843.574,64 €
Capítulo 2.- Gastos correntes en bens e servizos 365.638,24€
Capítulo 4.- Transferencias correntes 300.000,00 €
TOTAL GASTOS........ 1.509.212,88 €
Estado de ingresos
Capítulo 3.- Taxas, prezos públicos e outros ingresos 47.530,00 €
Capítulo 4.- Transferencias correntes 1.421.682,88 €
Capítulo 5.- Ingresos patrimoniais 40.000,00 €
TOTAL INGRESOS..... 1.509.212,88 €
2º.- Aprobar as Bases de Execución do Orzamento Xeral, segundo figuran no expediente.
3º.- Aprobar os cadros de persoal, que se dividen en persoal funcionario, laboral e eventual, de acordo co artigo126 do Texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local, aprobado por Real decreto lexislativo 781/1986.
4º.- Aprobar o teito de gasto máximo non financeiro fixado en 68.647.578,26 €, conforme co mandato do artigo 30, da Lei orgánica 2/2012, do 27 de abril de 2012, de estabilidade orzamentaria e sostibilidade financeira.
*AUTORIZACIÓN DA SUBROGACIÓN DE VIAQUA-GESTIÓN INTEGRAL DE AUGAS DE GALICIA, SAU, COMO SUCESORA DE AQUAGEST PROMOCIÓN TÉCNICA Y FINANCIERA DE ABASTECIMIENTOS DE AUGA, SA, NOS CONTRATOS DE XESTIÓN DOS SERVIZOS PÚBLICOS DE ABASTECEMENTO DE AUGA AO POLÍGONO INDUSTRIAL DE SAN CIBRAO DAS VIÑAS E COOPERACIÓN E ASISTENCIA A MUNICIPIOS EN MATERIA DE SERVIZOS RELACIONADOS CO CICLO HIDRÁULICO
Declarar a subrogación de Viaqua, Gestión Integral de Aguas de Galicia SAU, con CIF A66141185, na posición xurídica ostentada pola sociedade extinguida Aquagest, Promoción Técnica y Financiera de Abastecimientos de Agua, SAU, nos seguintes contratos administrativos:
Contrato de xestión indirecta mediante concesión do servizo público de abastecemento de auga ao Polígono Industrial de San Cibrao das Viñas e municipios limítrofes
Contrato de xestión indirecta, mediante sociedade de economía mixta, do servizo de cooperación e asistencia aos municipios en materia de medio ambiente e servizos públicos relacionados co ciclo hidráulico.
Facultar á Presidencia para a formalización en documento administrativo, ou, se é o caso, en escritura pública, da dita subrogación.
*MODIFICACIÓN DO REGULAMENTO ORGÁNICO PARA REGULACIÓN DO VOTO TELEMÁTICO DOS/AS DEPUTADOS/AS
Acordo:
Aprobar inicialmente a modificación do Regulamento Orgánico da Deputación de Ourense, introducindo un artigo 7.bis, co seguinte contido:
Artigo 7 bis.- Normas sobre voto a distancia nos órganos colexiados da Corporación.
Os deputados e deputadas poderán emitir o seu voto de forma non presencial nos supostos e co requisitos establecidos no presente artigo.
O voto non presencial só procederá nos supostos en que o deputado ou deputada solicitante non poida asistir á sesión do órgano correspondente por atoparse nos supostos de embarazo, permiso de maternidade ou paternidade ou incapacidade temporal establecida na lexislación vixente para os empregados públicos.
Para o exercicio do dereito á emisión do voto non presencial o deputado/a interesado/a deberá solicitalo por escrito á Presidencia, xustificando as razóns que lle impiden realizar as súas funcións persoalmente. A Presidencia autorizará o exercicio do voto non presencial.
O exercicio do voto non presencial poderá realizarse a través de calquera das seguintes modalidades:
a) Mediante voto por escrito. Nesta modalidade o deputado/a remitirá, por calquera medio, un escrito manifestando o sentido do seu voto con respecto do punto ou puntos da orde do día da sesión da que se trate, respecto dos que exerza o seu dereito ao voto non presencial. O voto deberá estar asinado persoalmente polo/a deputado/a, e a súa sinatura deberá vir lexitimada notarialmente ou polo secretario da Deputación Provincial. A validez do dito voto queda condicionada á súa recepción no Rexistro Xeral da Deputación Provincial antes do vencemento do prazo do voto a distancia recollido no apartado seguinte.
b) Mediante voto telemático. O voto telemático exercerase mediante unha aplicación disposta para o efecto na sede electrónica da Deputación Provincial. O voto deberá autenticarse mediante os sistemas de sinatura electrónica previstos na Ordenanza provincial reguladora de acceso electrónico aos servizos provinciais.
En ambas modalidades, o voto a distancia poderá emitirse desde a convocatoria da sesión do órgano colexiado de que se trate e ata o momento da votación. Para estes efectos, o presidente do órgano colexiado declarará o resultado da votación incluíndo os votos a distancia recibidos ata ese momento.
O sentido dos votos emitidos non se fará público ata o momento da proclamación do resultado da votación.
DECLARACIÓN INSTITUCIONAL DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE – GRAO DE ENXEÑERÍA FÍSICA
Sobre a base de criterios de calidade académica, viabilidade económica e demanda social, o pasado 29 de outubro de 2013 o Consello de Goberno da Universidade de Vigo aprobou por unanimidade a tramitación á Xunta de Galicia do proxecto de Grao en Enxeñería Física para a súa implantación no campus de Ourense no curso académico 2014-15. Dita proposta foi avalada polo Consello Social da propia Universidade. A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ten previsto decidir sobre este asunto nunha reunión do Consello Galego de Universidades que se celebrará o vindeiro mes de decembro.
Un Grao en Enxeñería Física no só contribúe ao equilibrio territorial senón que sería exclusivo no Sistema Universitario Galego. Sen dúbida, constitúe unha gran oportunidade que Ourense e Galicia non poden deixar escapar.
Por todo o exposto, dende a Deputación Provincial de Ourense, instamos ao Consello Galego de Universidades a que lle dea luz verde ao proxecto do Grao en Enxeñería Física para Ourense.