Acto de irmanamento entre a Real Banda de Gaitas e a Scottish Power

Compartir

Na sede da Escola Provincial de Gaitas tivo lugar o pasado sábado, 10 de novembro, o acto de irmanamento entre a Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense e a Scottish Power Band, a formación escocesa de gaiteiros máis famosa do mundo. O acto contou coa presenza do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do conselleiro de Cultura, Jesús Vázquez, e do director da Escola Provincial de Gaitas e da Real Banda, Xosé Lois Foxo. Ámbalas dúas formacións musicais interpretaron varias pezas musicais do folclore galego e escocés, tralo cal os asistentes realizaron unha visita ao Museo da Cornamusa. Pola tarde, a Scottish Power ofreceu un concerto no Teatro Principal de Ourense.