Apertura do curso na Escola de Artes e Oficios da Deputación de Ourense

Compartir

A Escola de Artes e Oficios da Deputación de Ourense inaugurou o curso académico 2012-2013 cun total de 154 alumnos matriculados –un 58 % menos que no curso anterior, no que se habían matriculado 367 alumnos-. As disciplinas que se impartirán son Iniciación á pintura, Pintura, Talla en madeira, Oleiría e Esmalte, e Modelado en barro.

No acto de apertura, o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, salientou o esforzo colectivo dos alumnos e da institución provincial, que financia a escola, para mantela operativa, repartíndose as cargas dado que este ano os alumnos deben pagar matrícula e unha mensualidade de 10 euros.

As disciplinas artísticas onde máis acusado é o descenso no número de alumnos son a de Oleiría e Esmalte (cun 91 % menos de matriculados, pasando de 61 a 5 alumnos); Iniciación á pintura (cun 82% menos, pasando de 132 a 50 alumnos); e Talla en madeira (cun 38% menos de matriculados, pasando de 50 a 31 alumnos), mentres que o descenso é máis moderado en Modelado de barro (un 30 % menos de alumnos) e en Pintura (un 19 % menos de alumnos). Tamén cabe salientar que dos matriculados este ano un 31 % son novos alumnos.