Aprobados inicialmente os estatutos do Consorcio de Augas de Valdeorras

Compartir

A Deputación de Ourense promove esta iniciativa da que forman parte os nove concellos da comarca e a administración autonómica a través de Augas de Galicia.

Os membros que integran o Consorcio de Augas de Valdeorras reuníronse hoxe no Barco e acordaron por unanimidade aprobar inicialmente os estatutos do consorcio, que ten como obxectivo principal poñer en marcha un servizo intermunicipal de depuración de augas residuais. Na xuntanza analizouse tamén un documento estimativo de custes, xunto cun plan de explotación deste servizo, que beneficiará aos case 30.000 habitantes dos nove concellos da comarca valdeorresa.

O Consorcio de Augas de Valdeorras e un proxecto pioneiro en Galicia que conta coa implicación das administracions locais, provincial e autonómica.

Na reunión participou o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, quen resultou elixido presidente da Comisión Xestora do Consorcio de Augas de Valdeorras, mentres que Francisco Cacharro, secretario xeral da institución provincial, será tamén o secretario de dita comisión. Pola súa banda, Francisco Menéndez Iglesias, director xeral de Augas de Galicia, participou na xuntanza, á que acudiron os máximos representantes dos concellos de O Barco, Carballeda de Valdeorras, O Bolo, A Veiga, Vilamartín de Valdeorras, Rubiá, A Rúa e Petín.