AquaOurense obtén un recoñecemento da Zona Franca de Vigo, a través do indicador ARDÁN, como empresa xeneradora de riqueza en 2023

Compartir

O presidente provincial, Luis Menor, valora moi positivamente este recoñecemento á empresa mixta conformada pola Deputación e Viaqua, que vén a ratificar "un caso de éxito"

Ourense, 26 de outubro de 2023.- O Consorcio da Zona Franca de Vigo, a través do seu servizo de estudios ARDÁN, elabora cada ano unha análise sobre a economía galega para ofrecer ferramentas na toma de decisións no ámbito empresarial e institucional. Así, na edición deste ano, e tras avaliar a 37.000 compañías galegas (das que só un 4% alcanza os esixentes criterios analizados), a Sociedade Provincial de Augas e Medio Ambiente S.A. (AquaOurense), acaba de obter o indicador ARDÁN de "Xeneradora de riqueza no ano 2023".

O presidente provincial, Luis Menor, valora moi positivamente este recoñecemento á empresa mixta conformada pola Deputación e Viaqua, que vén a ratificar "un caso de éxito".

A liña de investigación dos indicadores ARDÁN analiza cada ano o desempeño do tecido empresarial galego en factores para a mellora da competitividade e a sostenibilidade no longo prazo. Estes estudios permiten visibilizar o bo facer daquelas compañías que obteñen resultados de excelencia nos distintos ámbitos do estudio.