Baltar e Jácome perfilan novas liñas de cooperación entre Deputación e Concello de Ourense
Ourense, 17 de xullo de 2019.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, mantiveron no Pazo Provincial unha nova reunión de traballo para perfilar novas liñas de cooperación entre ámbalas dúas institucións. Na xuntanza, na que tamén participou Miguel Caride, de Democracia Ourensana, falouse da participación da Deputación nos plans de obras e do apoio a eventos como o Festival de Cine, temas nos que as dúas entidades xa traballaron no pasado, e tamén concordaron en facer realidade o centro de intelixencia artificial, ligado ao proxecto Provincia Intelixente, e en impulsar o parque acuático en Untes.