Baltar e José Ramón Lete analizan proxectos de infraestruturas deportivas en Ourense

Compartir

Ourense, 28 de outubro de 2019.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu hoxe no Pazo Provincial ao secretario xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, José Ramón Lete Lasa, con quen mantivo unha entrevista de traballo para analizar proxectos de infraestruturas deportivas na provincia de Ourense, sinaladamente as actuacións que se estudan levar a cabo en Monterrei, no complexo deportivo e no futuro parque acuático, destinado á xeneralización da práctica da actividade deportiva e do ocio familiar. Na reunión, na que participou tamén o alcalde de Pereiro de Aguiar, Luis Menor, tamén comentaron as liñas de cooperación que veñen desenvolvendo conxuntamente nos últimos anos a Deputación de Ourense e o goberno autonómico en materia de infraestruturas deportivas, sempre tendo en conta a visión provincial e comarcal, para seguir mellorando instalacións e servizos vencellados ao deporte nos concellos da provincia de Ourense.