Baltar recibe aos alumnos mexicanos que participan en España nun seminario de Comunicación Política
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu hoxe no Pazo Provincial aos alumnos mexicanos que están a participan en España nun seminario internacional de comunicación polítca, enmarcado no mestrado en Asesoramento de Imaxe e Consultoría Política da Universidade Camilo José Cela, de Madrid, en colaboración con Carpe Diem Consultores. Os alumnos permanecerán dez días de estancia en España percorrendo Madrid, Ourense e Santaigo de Compostela. No encontró de hoxe, Baltar explicoulles o funcionamento da Deputación e as liñas de xestión do goberno provincial, e os alumnos interesáronse pola cooperación e os servizos que a Deputación presta aos concellos e polas relación que o ente provincial mantén cos cidadáns. Baltar remarcou que a colaboración na prestación de servizos e a transparencia na xestión son piares básicos da xestión do seu equipo de goberno, porque iso redunda –dixo- nun maior achegamento da Deputación aos cidadáns.