Baltar urxe a cooperación entre administracións para garantir a protección civil

Compartir

  • Inauguru no Carballiño as segundas xornadas provinciais.

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, presidiu no Carblliño a inauguración das II Xornadas Provinciais de Protección Civil, acompañado polo alcalde do Carballiño, Argimiro Marnotes, e o responsable provincial de Protección Civil, Juan Míguez. Baltar animou as administración, voluntarios e forzas e corpos de seguridade do Estado a seguir mantendo o que cualificou como "servizo público esencial".

Manuel Baltar aludindo ao artigo 103 da Constitución, falou do "interese xeral" que tamén ven definido pola seguridade e a protección das persoas. Ante alcaldes e concelleiros refiriuse asemade ao proceso de reforma da administración local e "a importancia da colaboración entre entes públicos para seguir mantendo a protección civil".

Baltar salientou tamen o protagonismo do goberno provincial na financiación dos Grupos de Emerxencias Supramunicipais e nos consorcios comarcais de salvamento e emerxencias.