Baltar visita as obras de construción dunha escola infantil en Paderne de Allariz
Ourense, 8 de agosto de 2019.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, visitou hoxe as obras de construción dunha escola infantil da Galiña azul que se están a levar a cabo no Concello de Paderne de Allariz e que ofrecerá 41 prazas en tres unidades. A Deputación de Ourense destina para este centro, promovido pola Mancomunidade de concellos da comarca de Ourense presidida polo alcalde de Paderne de Allariz, unha achega de preto de 150.000 euros.
Na visita estivo acompañado pola delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira; os alcaldes de Paderne de Allariz e de Esgos, José Manuel Fernández e Mario Rodríguez; e o xerente do Consorcio Galego de Servizos Sociais, Perfecto Rodríguez.