Comunicado do Grupo Provincial do BNG

Compartir

O BNG ACUSA AO PRESIDENTE DA DEPUACIÓN DE INCUMPLIR O ACORDO DA XUNTA DE PORTAVOCES A RESPECTO DA PUBLICACIÓN DAS DECLARACIÓNS DE BENS PATRIMONIAIS E DE POSIBEIS INCOMPANTIBILIDADES DOS DEPUTADOS/AS PROVINCIAIS E NON ENTENDE O POR QUÉ DESTE RETRASO.

Trala reunión dos portavoces dos grupos provinciais na Xunta celebrada ao efecto acordouse fixar unha data para a presentación das declaracións de bens patrimoniais e de incompatibilidades dos deputados/as provinciais, quedando fixada ésta no 17 de marzo, para, acto seguido, publicalas na web da deputación, tal e como indica o regulamento da Institución.

Os deputados do BNG presentaron a documentación en tempo e forma (7 de marzo) sin que a día de hoxe se fixeran públicas, na súa integridade, tal como defendimos na reunión, as respectivas declaracións.

Descoñecemos cales son as causas que motivan esta dilación, pero pensamos que pasado xa un tempo prudencial, calisquera que foran os motivos da súa demora deberían ter sido subsanados de sobras, agás que a razón para que as declaracións non estean colgadas na rede obedezan a motivos que non teñen que ver con cuestións puramente formais.

Por todo o anterior, e como pensamos que xa pasou un tempo máis que suficiente, e que o que debe primar é a transparencia informativa, e polo que a vista que o Presidente non actúa coa dilixencia debida neste tema, o BNG colgará, no día de hoxe e de xeito íntegro, as correspondentes declaracións dos seus deputados, no espazo que esta organización ten habilitado na web da deputación, páxina que se pode consultar no enlace:

Declaración de Bens