O BNG CUESTIONA O ELEVADO PREZO POLA COMPRA DE ONCE VEHÍCULOS, DESTINADOS Á FLOTA DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL
A deputación ven de adquirir, á empresa MONFORTE, S.A., cun tipo de licitación de algo máis de 291 mil euros, 11 vehículos para o seu parque móvil.
O modelo de adquisión utilizado é o de “renting”, fórmula pola cal a deputación paga mensualmente as seguintes cantidades: Nº DE VEHÍCULOS VEHÍCULO PREZO MENSUAL 1 Volkswagen Passat 941.38 2 Peugeot 308 567.49 cada un 6 Peugeot 208 447.70 cada un 2 Peugeot Partner Teppe 800.00 cada un Na consideración do portavoz do grupo provincial, e segundo os datos contrastados con distintos concesionarios de vehículos, esta fórmula de adquisición, vai supór para as arcas provinciais un sobreprezo no lote dos vehículos adquiridos de máis de 120.000 euros durante a duración do contrato. Non podemos esquecer, continúa manifestando o portavoz do BNG, que ao cabo de 4 anos os vehículos revirten para a adxudicataria, polo que a deputación veríase obrigada a sacar novamente un contrato para adxudicación. Aínda que é certo que a adxudicataria ten que cumplir unha serie de compromisos como o mantemento integral, a ITV, a poliza de seguros, etc, o custo non xustifica, de ningunha maneira, ese sobreprezo, que a xuizo do BNG é excesivo, máxime nun momento no que as administración públicas deben controlar cada euro de forma escrupulosa.