O BNG RESPALDA AS DEMANDAS DAS ALCALDES E DOS EMPRESARIOS EN RELACIÓN COA A-76
O pasado 15 de xaneiro, a Comisión de seguimiento da A-76, preocupados polo incumplimento dos prazos en relación coa execución da autovía A-76, Ponferrada-Ourense, acordou dirixirse ao Goberno do Estado e á titular do Ministerio de Fomento.
O pasado 15 de xaneiro, a Comisión de seguimiento da A-76, na que están integradas as alcaldías dos concellos de Ponferrada, O Barco e Monforte , así como asociacións empresariais das distintas comarcas afectadas, preocupados polo incumplimento dos prazos en relación coa execución da autovía A-76, Ponferrada-Ourense, acordou dirixirse ao Goberno do Estado e á titular do Ministerio de Fomento, Ana Pastor, co obxectivo de suscitarlle a licitación por tramos da autovía, atendendo a especial perigosidade que ofrece a actual estrada, xa que o corte da N-120 durante os tres últimos meses do ano, provocado por derrubamentos no tunel de Cobas, supuxo importantes perdas económicas para ambas comarcas, á marxe de que a situación poderían volver producirse en calquera momento dada a inestabilidade da ladeira.
Esta petición volve a reabrir o debate sobre a necesidade acuciante dunha vía de comunicación, crucial para a vertebración e desenvolvemento socio-económico dunha parte esquecida do territorio, como é o oriente ourensá, e a culminación dunha aspiración social, que observa con preocupación, como desde aquela promesa, do entón titular de Fomento, feita en 2004, a realidade é que 9 anos despois aínda non están redactados os proxectos, e vese comprometida a finalización completa do trazado, que debería de estar rematada no horizonte do 2018. Por todo o anterior, o grupo provincial do BNG, somete á consideración do Pleno da corporación, a adopción do seguinte ACORDO
1.- Respaldar os acordos da Comisión de seguimento e cantas iniciativas posteriores tome a mesma
2.- Instar ao Goberno da Xunta, a que demande do Ministerio de Fomento, o seu compromiso firme e inequívoco para a execución desta vía tan demandada e tan necesaria para vertebrar o País.
3.- Demandar do Ministerio de Fomento a que cumpla os prazos fixados no Plan Estratéxico de Infraestructuras e Transporte (PEIT) en relación coa A-76