O PORTAVOZ DO GRUPO PROVINCIAL, PÍDELLE A BALTAR QUE EXERZA A SUA OURENSANÍA E DEA A BATALLA DIANTE DO PRESIDENTE DA XUNTA PARA QUE SE EXECUTE E REMATE NA SUA INTEGRIDADE, E NOS PRAZOS PREVISTOS, A VÍA RÁPIDA A MEZQUITA (A MERCA)-FRONTEIRA PORTUGUESA

Compartir

O Titular da Consellaría confirmou a non execución -nin a curto nin a medio prazo- da segunda fase do eixo de comunicacións entre a A-52 e a fronteira portuguesa.

O BNG presentou para o debate no vindeiro Pleno da deputación unha iniciativa, que terá, tamén, a súa réplica nos concellos das comarcas afectadas e no Parlamento Galego, na que lle pide a Baltar, en representación da corporación provincial que se posicione en contra do anuncio feito pólo conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, e que se poña do lado dos alcaldes, empresari@s e comerciantes, así como os veciñ@s das Comarcas afectadas, que consideran un ejemplo máis de marxinación para a nosa Provincia.

Si preocupante é o feito do anuncio, inaudito resulta o feito de que o Presidente da Xunta, nun alarde de cinismo sen precedentes, culpabilice aos alcaldes, a meirande parte do Partido Popular, de pór trabas e de oporse ao trazado da ampliación, cando o responsabel de Infraestruturas desvelou que a non continuidade do proxecto ata Portugal, obedece a causas que nada teñen que ver con iso como a baixa da densidade do tráfico e a situación económica.

Este anuncio supón un mazazo máis para unha comarca, como a da Baixa Limia, e para o progreso e desenvolvemento dunha zona esquecida da man de deus, así como un paso máis na marxinación da nosa Provincia por parte do Executivo Galego.

O Presidente Feijoo presume de ourensán pero na práctica é o primeiro en marxinar a esta provincia cada vez que se lle presenta unha oportunidade, e ademáis faino de xeito cobarde, ao agardar a facer o anuncio para despois das eleccions.

Por todo o anterior, o grupo provincial do BNG SOLICITOU do Pleno da Corporación Provincial a adopción do seguinte que demanda do Presidente da Xunta de Galiza o cumprimento dos prazos fixados para remate do proxecto da vía rápida celanova-Fronteira Portuguesa, na sua integridade, por tratarse dunha infraestrutura necesaria para vertebrar e dinamizar as comarcas de Celanova e a Baixa Limia e para mellorar as comunicacións entre a nosa Provincia e Portugal.