Boborás alcanza o seu soño de contar cunhas piscinas públicas grazas á cooperación da Deputación e a Xunta

Compartir

Boborás, 1 de xullo 2024.

"Un soño cumprido para Boborás". Así calificaba o histórico día de hoxe a alcaldesa deste municipio, Patricia Torres, logo da inauguración das ansiadas piscinas públicas. Piscinas que, durante este mes de xullo, serán gratuitas para os veciños e veciñas de Boborás.

Estas novas piscinas son unha realidade grazas á cooperación institucional entre a Deputación e a Xunta, que sufragaron conxuntamente o investimento necesario. A vicepresidenta primeira, Marta Nóvoa, felicitou á alcaldesa de Boborás por acadar esta obra tan importante para a veciñanza e recalcou que "a Deputación sempre estará ao carón das necesidades dos veciños e veciñas da provincia". Na inauguración das piscinas tamén particiopou o delegado territorial da Xunta, administración que aportou o 70% do investimento desta obra.