Bombeiros da Deputación fórmanse nun curso pioneiro de rescate en aeroxeradores
O xefe da Sección de Emerxencias da Deputación de Ourense, José Ramón Sánchez Feijóo, asistiu ao curso de rescates en aeroxeradores ao que asistiron bombeiros da Deputación de Ourense. A parte teórica desenvolveuse a primeira hora da mañá no Parque de Bombeiros do Polígono de San Cibrao das Viñas.

A xornada continuou no centro de prácticas da subestación Sil de Iberdrola. Estas instalacións son pioneiras na formación para servicios de emerxencia con resposta en parques eólicos ante situaciones de emerxencia. Así, os asistentes formáronse en protocolos de seguridade, medios de protección, riscos e outros asuntos de interese.
Cando as condicións meteorolóxicas o permitan, retomaranse as formacións prácticas nos aeroxeradores.