Cented Academy, campión da XLV Copa Deputación “Miguel Ángel”

Compartir

O equipo proclamouse vencedor no Estadio do Couto tras unha emocionante final fronte ao Monterrei CF, que rematou sen goles no tempo regulamentario (0-0) e se decidiu na quenda de penaltis por 5-4.

Parabéns ao Cented Academy, campión da XLV Copa Deputación “Miguel Ángel”!

O equipo proclamouse vencedor no Estadio do Couto tras unha emocionante final fronte ao Monterrei CF, que rematou sen goles no tempo regulamentario (0-0) e se decidiu na quenda de penaltis por 5-4.

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, asistiu a este encontro que volveu poñer de manifesto a paixón polo fútbol e o gran nivel do deporte provincial.

 Noraboa tamén ao Monterrei CF polo magnífico torneo realizado e a todos os protagonistas dunha final inesquecible.