César Ferández participa na clausura de Xantar

Compartir

Ourense, 5 de novembro de 2023.- O deputado de Cultura da Deputación de Ourense, César Fernández, participou esta tatde no acto de clausura da 24 edición do Salon Internacional de Turismo Gastronómico, Xantar. Acompañado doutras autoridades, César Fernández felicitou á organización polo éxito da feira, recollendo de máns do conselleiro de Sanidade, Julio Comesaña, unha placa conmemorativa da participación da Deputación de Ourense nesta edición, co restaurante da Vía da Prata instalado a través do Inorde.