César Fernández acode á reunión do Padroado da Fundación Curros Enríquez
Celanova, 16 de decembro de 2023.- O vicepresidente segundo e deputado de Cultura, César Fernández, asistiu hoxe á reunión do Padroado da Fundación Curros Enríquez, que se celebrou na Casa dos Poetas de Celanova. Unha convocatoria que serviu para iniciar os preparativos da celebración do 20 aniversario da Fundación. O padroado abordou o plan de actuación de 2024 e deulle a benvida a María Xosé Porteiro como novo membro, a título persoal.